Últimas Novas

Visitas guiadas ó Museo Valle-Inclán, tódolos mércores ás 13 h

Visitas guiadas ó Museo Valle-Inclán, tódolos mércores ás 13 h

   O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal realiza visitas guiadas tódolos mércores ás 13 h

É necesaria a inscrición previa. Para facela, cómpre chamar ó 981 831 662 ou mandar unha mensaxe ó correo el.   museo.valleinclan@apobra.gal

Entrada gratuíta ata se completa-la cabida do local

Queres coñece-las diferentes coleccións que alberga o Museo Valle-Inclán? Descubrir máis detalles do seu protagonista? Ou refresca-lo que xa sabes? Pois tódolos mércores ás 13:00 h poderás desfrutar dunha visita guiada! Esperámoste!

Non pérda-la oportunidade de coñece-los segredos desta fermosa torre do séc. XVI, declarada “monumento histórico-artístico de carácter nacional” polo Decreto 249/1976, de 9 de xaneiro (BOE de 17 de febreiro de 1976).