Últimas Novas

Volve o servizo presencial na biblioteca municipal Victoriano García Martí da Pobra do Caramiñal

Volve o servizo presencial na biblioteca municipal Victoriano García Martí da Pobra do Caramiñal

            A biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal volve prestar servizos presenciais tras este tempo de confinamento, pero este regreso require certas medidas de seguridade, tanto para as persoas que traballan na biblioteca coma para a cidadanía, sendo necesario un protocolo de actuación que permita a súa protección.

Por este motivo, durante esta fase 1, deberanse segui-las seguintes

NORMAS DE USO:

• Ven á biblioteca coa máscara.

• Utiliza o xel hidroalcóholico que poñemos á túa disposición á entrada da biblioteca.

• Mantén a distancia de seguridade.

• Nesta primeira fase só están permitidos os préstamos e devolucións. O SERVIZO DE LECTURA NA SALA QUEDA SUSPENDIDO TEMPORALMENTE, así como o uso dos ordenadores.

• Os libros deberán ser solicitados polas persoas usuarias e serán proporcionados polo bibliotecario.

• A atención será con cita previa, preferentemente en horario de 09.30 a 13.30 h. Nos casos especiais en que as persoas usuarias non poidan neste horario, poderán solicitar cita pola tarde.
• Os fondos devoltos á biblioteca serán postos en corentena durante 15 días antes de volveren ser emprestados.

• A biblioteca límpase e desinféctase en profundidade tódolos días, con especial atención nas superficies de contacto máis frecuente, como os pomos das portas.

• Os servizos permanecerán pechados nesta primeira fase.

• O uso do ascensor limitarase a unha persoa e utilizaranse preferentemente as escaleiras.

• Iremos informando dos servizos que se van prestar, seguindo o plan de transición que anuncien o Goberno e as autoridades sanitarias.

Calquera consulta é recomendábel facela previamente por teléfono ou correo electrónico.

bibliotecadapobradocaraminal@gmail.com

Tfno.: 981 831633