Últimas Novas

XENTES E TEMPOS DA POBRA DO CARAMIÑAL: UN MAPA DO PATRIMONIO PARA TODA A VECIÑANZA

XENTES E TEMPOS DA POBRA DO CARAMIÑAL: UN MAPA DO PATRIMONIO PARA TODA A VECIÑANZA

“Xentes e tempos da Pobra do Caramiñal” é o mapa de patrimonio histórico da Pobra que presentamos durante a xornada “A Pobra do Caramiñal no tempo”, que celebramos o sábado 8 de setembro de 2018 no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

O mapa presenta unha escolma do patrimonio arqueolóxico e histórico do concello, facendo convivir no mesmo espazo elementos arqueolóxicos como túmulos megalíticos, petróglifos, curros, castros, pazos ou cruceiros, ata elementos do pasado contemporáneo como fábricas ou espazos vinculados á Guerra civil. O obxectivo é dar a coñecer á veciñanza e a todos os visitantes do concello, a riqueza e diversidade do patrimonio histórico da Pobra do Caramiñal así como estimular o seu coñecemento e coidado.

O mapa foi deseñado polo realizador Juan Pablo Venditti e coordinado por José Carlos Vidal e Manuel Gago.

Podedes recoller de balde unha copia do mapa na biblioteca da Pobra do Caramiñal, pero para os que non estades no concello deixamos aquí ligazóns para que o poidades descargar tamén de balde.

 

Descargable en pdf:     xentes_e_tempos_pobra