Últimas Novas

Xornada de portas abertas na casa da mocidade da Pobra do Caramiñal: venres 28 de febreiro a partir das 17 h

Xornada de portas abertas na casa da mocidade da Pobra do Caramiñal: venres 28 de febreiro a partir das 17 h

            O Concello da Pobra do Caramiñal ten programada unha serie de actividades para a xornada de venres 28 de febreiro de 2020 na casa da mocidade municipal, na rúa do Condado, n.º 8 (antigo restaurante O Lagar), a partir das 17 h da tarde.

Toda a veciñanza está convidada a asistir a elas e a desfrutar dos concertos, os obradoiros e exhibicións que teremos durante esta xornada de portas abertas.

Tódalas persoas interesadas poderán vir coñece-lo funcionamento das instalacións da casa da mocidade da Pobra do Caramiñal.

O acto oficial de inauguración da casa da mocidade que estaba previsto para venres 28 de febreiro ás 20:30 horas queda cancelado. A Lei orgánica do réxime electoral xeral (LOREX) garante a neutralidade das institucións públicas en período electoral, que comeza o mesmo día da convocatoria das eleccións, e impide calquera evento no cal a dita neutralidade poida verse vulnerada.

Este acto estaba programado dende moito antes da convocatoria electoral, pero o adianto desta provocou esa incompatibilidade.

Lamentamos tódalas molestias ocasionadas, especialmente ás entidades do tecido asociativo que estaban convidadas ó acto. En todo o caso, agardamos contar coa presenza de tódalas veciñas e veciños nas actividades desta xornada de portas abertas e que sexan do seu interese.