Últimas Novas

Xoves 29 de agosto (21 h), ven descubri-los morcegos da Pobra do Caramiñal

Xoves 29 de agosto (21 h), ven descubri-los morcegos da Pobra do Caramiñal

     Neste xoves 29 de agosto de 2019, as persoas amigas dos morcegos terémo-la posibilidade de coñecer   algo máis sobre eles.

Ás 21:00 h no auditorio do Museo Valle-Inclán haberá unha charla introdutoria duns 15 minutos e  despois daremos unha volta pola contorna para velos e escoitalos. Durará unhas 2 horas.

Traede lanterna e roupa de abrigo!

Non haberá que se trasladar en coche.

   É unha actividade apta para tódolos públicos e non cómpre inscrición previa ningunha. Esperámosvos!