Esgotadas as prazas para os cursos de poda e enxerto na Pobra
A Pobra do Caramiñal oferta un programa formativo medioambiental para os vindeiros meses focalizado na poda de árbores froiteiras e no enxerto. A concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), indica que as prazas xa están esgotadas; actualmente, estase confeccionando unha lista de agarda por se se produciren renuncias por parte das persoas xa inscritas.
O curso de poda desenvolverase nos meses de marzo, maio e agosto a cargo da labrega e formadora Carme Freire Cruces. Comezará cunha clase teórica no 11 de marzo, dende as 10.00 ata as 14.00 horas, na aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal. Xa pola tarde, en horario de 16.00 a 20.00 horas, tocará levar ao terreo os coñecementos adquiridos coa poda en seco de froiteiras de óso e de pebida. A práctica proseguirá no 5 de maio coa poda en verde para concluír no 31 de agosto coa poda de cerdeiras.
No que respecta ao curso de enxerto, impartirase no 10 de marzo e no 1 de setembro, de 16.00 a 20.00 horas, en parcelas.