Obstrución na captación de auga que abastece o depósito de Vilas
O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que existe unha obstrución na captación de auga do depósito de Vilas, o cal abastece varios núcleos da parroquia de Santo Isidro, como o propio de Vilas, Armental, O Foxo, A Conga ou Rego da Horta, entre outros.
Isto provoca que non haxa subministración de auga.
A empresa concesionaria xa está traballando para que o servizo se restableza o antes posible.