Chega á Pobra a campaña do 17° Outono Gastronómico
A Pobra do Caramiñal é unha das paradas no mapa gastronómico da campaña do 17° Outono Gastronómico da Axencia Turismo de Galicia. Trátase dunha iniciativa que busca promover, apoiar e impulsar accións que poidan mellora-la ocupación dos establecementos de turismo rural e o desenvolvemento do turismo en xeral nos espazos rurais de Galicia, difundi-la riqueza e calidade dos produtos de proximidade e contribuír a desestacionalización do turismo rural galego.
Así, nos días 2 e 3 de setembro, haberá un bus inglés de dúas plantas e dous segways para ofrecer información sobre dita campaña, en horario de 12.00 a 14.00 horas.
O primeiro estará na explanada da rúa Anxo Rei Ballesteros, fronte ao mercado municipal, mentres que os segundos circularán polas inmediacións.