Continúan as tarefas de limpeza e acondicionamento de vías públicas na Pobra
A Concellaría dos Servizos Municipais prosegue cos habituais labores de acondicionamento das vías públicas en varias zonas da Pobra do Caramiñal, tanto urbanas coma rurais.
Estas tarefas consisten no baldeo, en repinta-las liñas amarelas e na roza para o control da vexetación. De feito, esta última constitúe a principal liña de actuación executada nas parroquias nas últimas semanas.