
Aviso do lanzamento de bombas de palenque con motivo das festas do Nazareno 2023
Informamos de que se vai efectua-lo lanzamento de bombas de palenque con motivo das festas do Nazareno 2023.
Será neste venres 15 (ás 12.00 horas), no sábado 16 (ás 09.30 horas), no domingo 17 (ás 09.00 horas e unha vez chegue o Nazareno na procesión á Covecha, arredor das 12.00 horas) e no luns 18 (ás 10.00 horas).
A maiores, na última xornada, o grande espectáculo de fogos artificiais e acuáticos dende o paseo dos Areos servirá de colofón a estes festexos.