Campaña de vacinación fronte á gripe e a COVID-19 no 2023
A campaña antigripal neste 2023 comezou no 25 de setembro cos colectivos máis vulnerables (residentes nos centros de maiores e de discapacidade).
A partir do 16 de outubro incorporaranse o resto de grupos da poboación diana de maneira secuencial.
Esta acción en materia de saúde esténdese ata o 31 de decembro.
Máis información en https://gripe.sergas.gal/.