A gala lírica da zarzuela realizarase no 30 de decembro
O Nadal pobrense contará un ano máis coa gala lírica de zarzuela que, nesta ocasión, terá Anaís Fernández como soprano e Gabriel Alonso como barítono. Esta cita desenvolverase no 30 de decembro, ás 20.00 horas, no teatro cine Elma.
A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, explica que esta actividade chega, unha vez máis, organizada conxuntamente pola Banda de Música Ateneo Musical da Pobra do Caramiñal e a Administración local, outorgándolle o toque musical á axenda destas datas, ademais dunha vertente solidaria, coa entrega dun quilogramo de alimentos non perecedoiros en calidade de entrada.
A reserva de prazas efectuarase no enderezo electrónico concertosateneomusicaldapobra@gmail.com ou no 678895933.