A mocidade poderá formarse novamente en Márketing Dixital e Cooperativismo
A Fundación Paideia Galiza, a asociación Deloa e a Escuela de Organización Industrial (EOI), xunto con outras entidades, poñen en marcha unha nova edición do programa formativo Márketing Dixital e Cooperativismo, que se desenvolverá de febreiro a xullo.
Dirixido á mocidade, posibilitará aprender sobre técnicas e estratexias de comunicación e publicidade a través das novas tecnoloxías, ademais de adquirir tódolos coñecementos para crear unha cooperativa de servizos neste sector.
As clases impartiranse en Santiago de Compostela, de luns a venres, dende as 10.00 ata as 14.00 horas.
O programa inclúe unha semana de mobilidade a outra comunidade autónoma con tódolos gastos cubertos e as persoas participantes poderán optar a un premio de ata 60.000 euros ao mellor proxecto.
Entre os requisitos para tomar parte desta acción formativa figuran ter entre 16 e 29 anos, estar en situación de desemprego e inscrito/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Máis información en www.paideia.es ou no 606026202.