Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 29 de febreiro de 2024
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na tarde do 29 de febreiro, a partir das 20.30 horas, a sesión extraordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
Único: Aprobación inicial do orzamento municipal para o exercicio 2024. Aprobado con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.