Minuto de silencio na Pobra polo asasinato machista sucedido en Palmeira
O Concello da Pobra do Caramiñal convoca para este 20 de marzo, ás 12.00 horas, un minuto de silencio fronte a casa consistorial como mostra de apoio á familia e amizades da moza asasinada na tarde de onte en Palmeira e como acto de rexeitamento ante este feminicidio e solidariedade coa nosa veciña localidade de Ribeira cun suceso que deixa consternada a toda a sociedade.