Juan Galán conxuga condición humana e crónica social e política na novela que presenta na Pobra
Unha semana máis, o Auditorio do Museo Valle-Inclán converterase en epicentro literario coa presentación do libro Las tribulaciones de Bruno Lamas, de Juan Galán. Será no venres 26, ás 20.30 horas.
O autor estará acompañado pola concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo.
Esta novela está protagonizada por un xornalista dun importante diario da Coruña a finais de 1970, quen, por azar, acabará sendo confidente da Brigada Político-Social, a policía política do réxime franquista; unha especie de antiheroe que se verá golpeado polo destino e decisións desacertadas que o levarán a un tráxico e inesperado final.
A entrada é libre ata completa-la cabida.