O I Trofeo Rodas reunirá máis dun cento de patinadores e patinadoras na Pobra
Unha nova competición estréase na Pobra do Caramiñal nesta fin de semana: trátase do I Trofeo Rodas / Niveis Patinaxe Artística.
Aproximadamente 130 patinadores e patinadoras de categorías da base citaranse nesta proba que se desenvolverá no domingo 16, a partir das 09.00 horas, no pavillón municipal de Venecia. Participarán os clubs Compostela, Omega, Brincadeira, Boiro, Ribeira e A Pobra.
Esta primeira edición inaugura o apartado de competicións do programa de verán O Deporte na Pobra 2024, segundo apunta o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido. “Dámoslle a benvida á época estival no ámbito deportivo, pero tamén engrosámo-lo número de exhibicións deportivas na nosa localidade. Desta vez, terémo-la ocasión de desfrutar do talento de máis dun cento de patinadores e patinadoras de idades temperás”, precisa o edil.