Antonio Villoch expón a súa arte na casa da cultura Raquel Fernández Soler
A casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal acollerá no mes de agosto unha nova exposición de pintura, iluminacións e relevos: Caramiñal, de Antonio Villoch.
Retratos de barcos bateeiros e pesqueiros, iluminacións simulando un códice sobre Santo Amaro e algúns modelados dos tradicionais xigantes é o que poderá contemplar o público asistente.
O acto inaugural será no 2 de agosto, ás 20.30 horas, onde falará o propio artista na compaña da concelleira da Cultura, Patricia Lojo.
A entrada é libre ata completa-la cabida de dita instalación municipal.