Aberto o prazo de pagamento polo servizo de recolleita do lixo no primeiro semestre de 2024
O Concello da Pobra do Caramiñal informa de está aberto o prazo de pagamento en período voluntario polo servizo de recolleita do lixo a domicilio no primeiro semestre de 2024. O dito prazo esténdese ata 20 de novembro.
Cómpre lembrar que a modalidade de cobranza muda con relación a como se viña facendo anteriormente. Deste xeito, pasa a ser mediante carta de pago. Así, as opcións para aboa-lo importe son as seguintes: achegándose ata a Oficina de Recadación situada na planta baixa do consistorio, de luns a venres, de 09.00 a 13.00 horas; ou nos caixeiros das entidades colaboradoras ABANCA e CaixaBank. Tamén se admite e recomenda ter feita a domiciliación bancaria.
O vencemento do prazo de ingreso no período voluntario sen ter ingresada a débeda tributaria motivará a apertura do procedemento recadatorio no período executivo coa recarga de constrinximento.