A exposición Xosé Conde Corbal. O fardel da guerra 1936-1986 chega á casa da cultura da Pobra
Unha escolma de 40 láminas amosan o período histórico dende a Guerra Civil ata a década dos 80 a través da ollada dun artista pontevedrés. A exposición Xosé Conde Corbal. O fardel da guerra 1936-1986 chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler da man da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital e da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.
O acto inaugural será no xoves, 10 de outubro, ás 20.00 horas, e contará coas intervencións do fillo do artista, Enrique Corbal, e da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, Estará tamén amenizado musicalmente por Esperanza Mara.
A entrada é libre ata completa-la cabida da instalación municipal.