O polígono industrial da Tomada disporá dunha unidade móbil para a doazón de sangue no 7 de novembro
Unha unidade móbil para a doazón de sangue estará no xoves, 7 de novembro, diante das instalacións da Protección Civil, no polígono industrial da Tomada, de 09.30 a 14.00 horas. Está especialmente dirixida ás persoas traballadoras das factorías radicadas no parque empresarial, así como a residentes da contorna. Unha pequena acción que pode cambia-la vida de moitas persoas.
Cómpre lembrar que para doar sangue hai que almorzar e, despois de xantar, esperar dúas horas. Ademais, débese asistir coa tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar. No caso de tomar algún medicamento, é preciso informa-la médica ou o médico.
Tamén se dispón do teléfono gratuíto 900100828 para solicitar información.