Ruta + Que Tapas 2024 na Pobra do Caramiñal
A ruta + Que Tapas 2024 remata nesta fin de semana na Pobra do Caramiñal coa participación de diferentes establecementos hostaleiros, do 15 ao 17 de novembro.
Tamén hai un obradoiro de cociña infantil no venres 15, en horario de 18.00 a 19.30 horas, na praza de abastos da localidade. As crianzas poderán cociñar con produto local a súa propia merenda.
Requírese inscrición previa a través do código QR ou do formulario en liña dispoñible ata completa-lo número de prazas ofertadas: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeXBQBQSe3A_V2WBvUfGt6jlyVdkWBVEyHgxjzdr8xAa8gJYg/viewform?pli=1