Comezan na Pobra os cursos de arte floral focalizados no Nadal
Nesta semana botaron a anda-los cursos de arte floral impulsados pola Concellaría da Participación Veciñal da Pobra do Caramiñal cara a época do Nadal.
Estes talleres de balde impártense nos centros socioculturais da Angustia e do Vilariño. Nos martes dende o 19 de novembro ao 17 de decembro teñen lugar na Angustia, mentres que nos venres dende o 22 de novembro ao 20 de decembro son no do Vilariño. A totalidade das prazas xa están cubertas.
Durante o transcurso das clases, as persoas participantes aprenderán a elaborar decoración con base vexetal e floral para, especialmente, engalana-las estancias durante as celebracións que se aproximan. Deste xeito, continúase na senda de potencia-la creatividade da veciñanza ao tempo que se dinamiza o rural con actividades.