O VIII Torneo de Xadrez Pizza Móvil Concello da Pobra desenvolverase no 15 de decembro
O xadrez será o protagonista no 15 de decembro co VIII Torneo de Xadrez Pizza Móvil Concello da Pobra. Trátase dunha proba enmarcada no programa Xogade dirixida a xogadoras/es nacidas/os entre o 2009 e 2017 que pertenzan á disciplina do Club Deportivo Marquiño.
Desenvolverase na Casa da Mocidade da Pobra do Caramiñal, a partir das 16.30 horas.
O concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, explica que “se continúa apoiando unha cita xa consolidada no calendario deportivo local por esta época que promove unha disciplina como é o xadrez.”
Ademais dos premios participativos, haberá diversos trofeos.