O pasarrúas de Dixie Kings trasladarase á praza de abastos da Pobra en caso de chuvia
Se o tempo o permite, a música soará polo núcleo urbano da Pobra do Caramiñal en formato de pasarrúas de Nadal organizado pola Concellaría da Promoción Económica.
Dixie Kings traerá o ritmo do jazz no 4 de xaneiro, de 12.30 a 13.30 horas.
En caso de chuvia, a actuación trasladarase á praza de abastos, que é un dos recunchos do Nadal por estas datas.