A iniciativa Espazos na lareira difundirá entre a veciñanza os programas sociais da Pobra
Dar a coñece-los novos programas implantados na Pobra do Caramiñal no ámbito social, facer unha valoración ao respecto e crear rede: estes son os obxectivos de Espazos na lareira, un lugar de encontro para a veciñanza, colectivos e o persoal dos Servizos Sociais que terá lugar no 16 de febreiro, ás 18.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
A concelleira dos Servizos Sociais, Amparo Cerecedo (BNG), acompañada de traballadoras/es desta área, explica que a iniciativa xorde para crear comunidade ao tempo que se explican as iniciativas operativas e aquelas que están a piques de entrar en funcionamento, en moitas das cales o Concello, incide, é “pioneiro”. Servirá tamén para recolle-las propostas cidadás. Así mesmo, a edil fai fincapé na necesidade de desmitifica-lo concepto a