Sesión ordinaria do Pleno da corporación de 13 de abril de 2023
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, 13 de abril, a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación, a cal contou coa ausencia do concelleiro Francisco Javier Otero Maceiras (PP). A orde do día foi a que figura a seguir:
- Aprobación actas anteriores (28 de xullo, 13 de setembro, 29 de setembro, 27 de outubro, 24 de novembro, 30 de decembro de 2022 e 31 de xaneiro de 2023).
- Proposta da alcaldía cambio de denominación da rúa 2 Ribeiriña. Aprobada por unanimidade.
- Moción do grupo municipal do BNG sobre o impulso de medidas encamiñadas a blindar, garantir e defender os dereitos das mulleres así como promover a igualdade real entre mulleres e homes en Galiza. Aprobada por unanimidade.
- Moción do grupo municipal do BNG relativa ao Plan de Ordenación do Espazo Marítimo (POEM). Aprobada a inclusión da emenda presentada por Nós Pobra con 10 votos a favor (Nós Pobra, PSdeG-PSOE e PP) e 2 en contra (BNG). Aprobada a moción emendada con 10 votos a favor (Nós Pobra, PSdeG-PSOE e PP) e 2 en contra (BNG).
- Moción do grupo municipal do PP relativa á xestión das obras e investimentos aprobados e non realizadas. Denegada con 4 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
- Moción do grupo municipal do PP relativa ás irregularidades laborais. Denegada con 4 votos a favor (PP) e 8 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
- Moción do grupo municipal do PP relativa á situación da Capitanía Marítima. Denegada co voto en calidade do alcalde ao contar con 6 a favor (PP e BNG) e 6 en contra (Nós Pobra e PSdeG-PSOE).
Deseguido, procedeuse coa parte de decretos e informes da alcaldía para, finalmente, dar paso á quenda de rogos e preguntas.
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.