Abre o prazo de pagamento en período voluntario do imposto sobre vehículos correspondente a 2023
O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que neste 14 de abril abre o prazo de pagamento en período voluntario do imposto sobre vehículos de tracción mecánica correspondente a 2023. O dito prazo esténdese ata 15 de xuño do exercicio actual.
Recoméndase ter feita a domiciliación bancaria. Se non é así, poderase realiza-lo pagamento achegándose ata a Oficina de Recadación situada na planta baixa do consistorio, de luns a venres, en horario de 09.00 a 13.00 horas.
O vencemento do prazo de ingreso no período voluntario sen ter ingresada a débeda tributaria motivará a apertura do procedemento recadatorio no período executivo coa recarga de constrinximento.