Unha ducia de clubs vogarán as augas da Pobra no Campionato Territorial Norte de Bateis de 2023
Os bateis vogarán nas augas da Pobra do Camamiñal nesta fin de semana. Unha ducia de clubs citaranse no Campionato Territorial Norte de Bateis de 2023, segundo avanzan a concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo; o presidente do Club Remo Puebla, Antonio do Carmo; e Gustavo Vázquez, vicepresidente de Banco Fixo da Federación Galega de Remo.
As regatas eliminatorias desenvolveranse a partir das 16.30 horas do día 15 de abril, onde 82 embarcacións loitarán por chegar á final, nas súas correspondentes categorías, que se disputará no día 16, das 11.00 horas en diante, que tamén é clasificatoria para o Campionato Galego cos catro primeiros equipos de cada unha das modalidades: alevín/a, infantil, cadete, xuvenil, sub-23 e absoluta, tanto masculina coma feminina. Efectuarase, ademais, a entrega de medallas e bandeiras.
Esta última xornada poderá seguirse por streaming a través da canle do Youtube do Club Remo Puebla.
Organiza o Club Remo Puebla e a Federación Galega de Remo, coa colaboración da Concellaría dos Deportes e da Protección Civil.