A unidade móbil para a doazón de sangue estará no 3 de maio na Pobra
A unidade móbil para a doazón de sangue estará no mércores, 3 de maio, na praza Alcalde Segundo Durán cun horario establecido de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Unha pequena acción que pode cambia-la vida de moitas persoas.
Cómpre lembrar que para doar sangue hai que almorzar e, despois de xantar, esperar dúas horas. Ademais, débese asistir coa tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar. No caso de tomar algún medicamento, é preciso informa-la médica ou o médico.
Tamén se dispón do teléfono gratuíto 900100828 para solicitar información.