Adíase a inauguración da exposición pictórica Cores de terra e mar para 12 de maio
A inauguración da mostra pictórica Cores de terra e mar cambia de data. Finalmente, a apertura terá lugar no 12 de maio, ás 19.00 horas, na sala de exposición da Casa Mariñeira da Pobra do Caramiñal. Contará coas intervencións da propia creadora, M.ª José Rodríguez, e da concelleira do Turismo, Charo Varela.
Trátase dunha serie de cadros que reflicten paisaxes marítimas e agrarias coas cales lles render un tributo ás súas xentes.
M.ª José Rodríguez une nesta exhibición o seu gusto pola ensinanza e a súa inquietude artística. Nada na Coruña, cursa a licenciatura en Pedagoxía. Posteriormente, dada a súa paixón pola arte, comeza a mergullarse no universo da creatividade a través de distintas disciplinas. Conta cunha dilatada traxectoria que se ve referendada por numerosas exposicións individuais e colectivas, premios e, incluso, impartición de clases.
A entrada é libre ata completa-la cabida.