A Pobra reflexionou sobre os lumes forestais nunha proxección-debate
O Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acolleu na tarde do día 10 de xuño a proxección do documental Doe O Courel, que versa sobre o grande incendio que se rexistrou en 2022 a través do testemuño de Sonia e Óscar, quen viviron en primeira persoa esta catástrofe medioambiental que arrasou máis de 13000 hectáreas dunha das xoias botánicas e paisaxísticas de Galicia.
Esta actividade chegou á localidade da man da Concellaría do Medio Ambiente, co financiamento da Deputación da Coruña, e tamén houbo ocasión para o debate, que estivo conducido polo director da peza audiovisual, Xacobe Meléndrez Fassbender, e por unha das súas protagonistas.
Xunto co público puideron expo-las súas impresións sobre esta realidade que sofre o territorio galego cada ano e a importancia de avanzar cara á prevención a través da sensibilización.