Mar Bascoy e Marian Briones expoñen de maneira colectiva na casa da cultura pobrense
A casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal acolle ata o día 15 de agosto a exposición Ser Arte, de Mar Bascoy e Marian Briones. A inauguración terá lugar neste 26 de xullo, ás 20.30 horas, nun acto organizado pola Concellaría da Cultura.
A mostra está integrada por diversas técnicas como o debuxo, a pintura ou a colaxe.
A entrada é libre ata completa-la cabida.