A campaña Galicia sabe amar recala na Pobra
No día 3 de setembro chega á localidade a campaña Galicia sabe amar, da Consellería do Mar. Esta consistirá nunha foodtruck que ofrecerá degustacións gratuítas a base de produto do mar. Situarase na praza do Emigrante, de 12.00 a 15.00 e de 18.00 a 21.00 horas.