A Pobra quece motores cara ao Nadal cun taller vermú de decoración e attrezzo para a hostalaría e o comercio
A Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal leva xa un tempo inmersa na preparación do Nadal. Con relación a isto, a concelleira desta área, Amparo Cerecedo, explica que o obxectivo deste ano é confeccionar esta época festiva coa implicación dos diferentes actores sociais da localidade.
Neste senso, a Administración local organiza un taller vermú de decoración e attrezzo dirixido aos sectores da hostalaría e do comercio. Esta acción lúdico-formativa desenvolverase no 5 de novembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no restaurante Nojira.
Ofrécese un total de 20 prazas que se cubrirán por orde a través do teléfono de contacto 981377625 ou do enderezo electrónico aedl@apobra.gal, ata as 14.00 horas do día 3 de novembro.