A ofrenda cívica e a segunda exposición da homenaxe a Valle-Inclán terán lugar no 4 de novembro
A mala previsión meteorolóxica obrigara a adia-la ofrenda cívica e a inauguración da segunda exposición no seo das XXV Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán.
Agora xa hai unha nova data para ámbolos dous actos que quedaban pendentes. No sábado 4, ás 12.00 horas, estrearase na sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a mostra “Locus amoenus”. Obxectos persoais do escritor, da colección de Xaquín del Valle-Inclán Alsina.
Posteriormente, ás 12.30 horas, a acción desprazarase ao Cantón da Leña coa tradicional ofrenda cívica e a ruada a cargo de Trécola.
De haber mal tempo neste día, mantéñense as actividades, pero o transcurso será o seguinte: colocarase o arranxo floral a carón do monumento de Valle-Inclán e o resto do evento desenvolverase no interior da institución museística.