Aberto o prazo de pagamento do servizo de recolleita do lixo do segundo semestre, das taxas municipais e do IAE correspondente a 2023
O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que xa está aberto o prazo de pagamento en período voluntario das taxas municipais, do imposto sobre actividades económicas (IAE) e do servizo de recolleita do lixo do segundo semestre do exercicio actual. O dito prazo estenderase ata o 8 de xaneiro de 2024.
Recoméndase ter feita a domiciliación bancaria. Se non é así, poderase realiza-lo pagamento achegándose ata a Oficina de Recadación situada na planta baixa do consistorio, de luns a venres, en horario de 09.00 a 13.00 horas.
O vencemento do prazo de ingreso no período voluntario sen ter ingresada a débeda tributaria motivará a apertura do procedemento recadatorio no período executivo coa recarga de constrinximento.