Documento de solicitude para a participación na quinta campaña da compostaxe doméstica
A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal atópase inmersa na quinta campaña de compostaxe doméstica co repartimento de 25 novos colectores proporcionados por Sogama.
As persoas que desexen participar poden formaliza-la súa solicitude a través do rexistro.