Benxamín Garrido adéntrase na literatura cunha obra que viaxa pola morte
A Pobra do Caramiñal acollerá unha nova cita literaria: a presentación do libro Entre las Sombras y las Estrellas: Un Viaje Funerario, de Benxamín Garrido Rivas.
Será no 12 de xaneiro, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
Como o seu propio título deixa ver, trátase dunha obra que viaxa pola morte.
Intervirán o propio autor e a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.
A entrada é libre ata completa-la cabida da instalación municipal.