
A Oficina Móbil Retorno estará no 16 de xaneiro na Pobra
A Oficina Móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas chega á Pobra do Caramiñal no 16 de xaneiro. Estará na praza do Emigrante cun horario establecido de 09.30 a 14.00 horas.
Trátase dun servizo que pon en marcha a Secretaría Xeral de Emigración para promove-la inclusión e integración da poboación emigrante retornada e dos seus familiares en todo o territorio galego, especialmente pensado para aquelas áreas máis distantes das sedes localizadas nas principais cidades de Galicia.