Convocatoria dos cursos preparatorios das probas para a obtención dos certificados de lingua galega 2024
O Diario Oficial de Galicia (DOG) do 16 de febreiro de 2024 recolle a publicación da resolución pola que se anuncia a convocatoria, con carácter gratuíto, de cursos preparatorios das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4.
Impartiranse nas catro provincias galegas dende o día 1 de abril ata o 16 de maio. Existe a modalidade en liña, para a cal se precisa un equipamento informático cunha serie de requisitos técnicos, e a presencial. Establécese un número mínimo de 15 participantes e un máximo de 30. Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas.
As persoas destinatarias son aquelas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria. Para se inscribiren deberán presenta-la súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Será preciso identificarse co nome da persoa usuaria e o contrasinal. De non ser usuaria da dita plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscrición.
O prazo de presentación das solicitudes será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, polo cal o período comprende dende o día 19 de febreiro deica 8 de marzo, inclusive.