Comunicación de Unión Fenosa Distribución do Grupo Naturgy con relación á xestión de biomasa no ano 2024
Unión Fenosa Distribución do Grupo Naturgy comunicou ao Concello da Pobra do Caramiñal no 29 de febreiro de 2024 o aviso de que realizará a xestión de biomasa por debaixo das liñas de alta e media tensión situadas na localidade a través dos planos que aquí figuran.
Esta responde ao cumprimento da Lei 7/2012 de montes de Galicia, e conforme o indicado na súa disposición final primeira, pola que se modifica a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Nas referidas leis recóllese que nas liñas de distribución de enerxía eléctrica debe xestionarse a biomasa nunha franxa de 5 metros dende a proxección dos condutores eléctricos máis externos, considerando a súa desviación máxima producida polo vento segundo a normativa sectorial vixente. Ademais, nesta franxa non poderá haber árbores das especies indicadas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, que inclúe piñeiros e eucaliptos.
Así mesmo, a lexislación recolle a posibilidade de que sexa a propia persoa titular do terreo quen realice a xestión da biomasa se está interesada. De non facelo, transcorridos 15 días hábiles (no período comprendido entre os días 1 e 21 de marzo, ambos inclusive), UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDAD S. A. procederá á súa realización.