O cambio de hora centrará unha conferencia na Pobra
Mes de marzo e na última fin de semana teremos que adiantar unha hora os nosos reloxos. Precisamente sobre isto falará Jorge Mira, catedrático da Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela, na conferencia Que pasa co cambio estacional de hora e co fuso horario de España?
O relatorio impartirase no venres 15, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, que contará tamén coa participación da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e do catedrático da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, Francisco Rivadulla.
Trátase dunha actividade que organizan Ler Librerías e a Concellaría da Cultura.
A entrada é libre ata completa-la cabida da instalación municipal.