![](https://apobra.gal/wp-content/uploads/2024/06/Cartel-da-campaña-Liberdade-de-ser-e-sentir-scaled.jpg)
O Concello da Pobra adhírese á campaña Liberdade de ser e sentir! polo Día do Orgullo
A Pobra do Caramiñal festexa o Día do Orgullo, no 28 de xuño, cunha acción focalizada no ámbito dixital. A Concellaría da Igualdade súmase polo sétimo ano consecutivo á campaña Liberdade de ser e sentir!, impulsada pola Deputación da Coruña.
O obxectivo desta campaña é visibiliza-la importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero e co propósito de normalizar e sensibiliza-la sociedade sobre as diversidades sexuais.
Por iso, nestes días, a Área da Igualdade atópase difundindo material audiovisual nas súas contas do Facebook e do Instagram (@igualdadeapobra). “Queremos, así, emprega-las redes sociais como unha ferramenta para visibiliza-la reivindicación do colectivo LGBTI+ e como un eido máis para a defensa dos dereitos e liberdades”, apunta a edil Estefanía Ramos.