O Apalpador e un tren percorrerán o núcleo urbano da Pobra nesta fin de semana
Dúas das actividades centrais da programación do Nadal deseñada pola Concellaría da Promoción Económica para a dinamización económica e social da Pobra do Caramiñal terán lugar nesta fin de semana, segundo avanza a concelleira desta área, Amparo Cerecedo.
No día 16, o Apalpador realizará unha ruta polo centro para coñece-las crianzas, en horario de 18.00 a 21.00 horas. Tamén nesa xornada, tanto na quenda da mañá coma na da tarde, haberá un tren do Nadal, actividade que se repetirá no día 17 e que partirá da praza Alcalde Segundo Durán.
O horario do tren é de 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.
Ámbalas accións son de balde e non requiren a inscrición previa.
Ademais, continúa operativo o Fogar do Nadal habilitado na oficina do turismo con numerosas propostas para a rapazada: talleres, pintacaras, decoración ou panxoliñas, entre outras. Está en funcionamento de 11.00 a 13.30 e de 17.30 a 20.30 horas.