Adíase o concerto de Os Barbansónicos ao abeiro do Sons da Vila 2024 por mor da chuvia
A chuvia deste 10 de xullo obriga a adia-lo concerto de Os Barbansónicos que estaba previsto para esta tarde como inicio do cartel do Sons da Vila para o verán deste 2024.
A nova data elixida é a do xoves 11. A hora e o lugar mantéñense: praza Paulino Santos, ás 21.00 horas.
O Sons da Vila levará a música en directo de dez grupos ás contornas das terrazas da Pobra do Caramiñal nos meses de xullo e agosto. A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, indica que a finalidade desta axenda musical é a de diversifica-la oferta cultural no verán, darlle visibilidade a grupos da zona e dinamiza-las inmediacións dos establecementos hostaleiros.