Interrupción na subministración de auga no 10 de xullo
Unha avaría no lugar Arcebispo ocasiona unha interrupción na subministración da auga a aproximadamente 130 fogares.
Afecta a Outeiro, Arcebispo, Pedriñas (O Xobre), Castro e Cercias.
Estímase que os traballos teñan unha duración de dúas horas, despois dos cales se restablecerá o servizo.