O público pobrense poderá contemplar unha mostra pictórica de Ricardo Real durante todo o mes de setembro
Novo mes, nova exposición na casa da cultura Raquel Fernández Soler. Ricardo Real achega unha mostra pictórica ao público pobrense durante todo o mes de setembro.
Unha trintena de cadros que destacan pola heteroxeneidade das técnicas empregadas e das temáticas que reflicten.
A inauguración terá lugar no venres 6, ás 20.30 horas, e contará coas intervencións do propio artista e da concelleira da Cultura, Patricia Lojo. Contarase, ademais, co acompañamento musical de Xiada e Ruadiña.
O acceso é libre ata completa-la cabida de dita instalación municipal.