O Venres de Consumo Responde achega consellos sobre a volta ao cole
O Instituto Galego do Consumo e da Competencia pon a disposición da cidadanía o Venres de Consumo Responde.
Neste venres 11, ás 12.30 horas, ofreceranse pola aula virtual de Consumo unha serie de consellos sobre a volta ao cole. Farase unha pequena exposición sobre os dereitos dos/das consumidores/consumidoras e darase resposta a tódalas dúbidas en materia de consumo.
Para participar tan só hai que estar ás 12.30 horas na páxina web https://consumo.xunta.gal/gl. Unha vez dentro, facer click no apartado da esquerda co nome Venres de Consumo Responde e premer en “Videoconferencia” para acceder á mesma e unirse á reunión. Se a persoa usuaria non ten Webex instalado no ordenador ou móbil, é preciso que prema en “Unirse dende o navegador”.