A Pobra vivirá o III Trofeo de Nadal Atletismo Barbanza no 21 de decembro
Época de Nadal e as actividades deportivas non cesan. O III Trofeo de Nadal Atletismo Barbanza disputarase no estadio municipal da Alta no 21 de decembro, a partir das 11.00 horas. Reunirá as probas de lanzamento de peso (da sub-16 en diante), de xavelina (da sub-16 en diante), salto triplo (sub-14 e sub-16), de lonxitude (sub-10 e sub-12) e carreiras de metros lisos en distintas distancias ata a categoría absoluta.
Trátase dunha cita que organiza a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo (FGA), coa colaboración da Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal. “Apoiamos esta iniciativa que segue na liña de dinamiza-la vida deportiva da nosa localidade por estas datas e fomenta-la actividade física en tódolos días do ano”, incide o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido.
As inscricións pódense formalizar ata as 22.00 horas do 17 de decembro a través da páxina web https://atletismorfea.es/user/login-registro.
Os premios consistirán en trofeos e medallas.